jueves, 9 de enero de 2025

OS MEUS BLOGS

Cada un dos meus blogs abranxe un espacio xeográfico e unha reflexión crítica acorde con estas dimensións:

Arousa dia a dia 
 o ámbito local.
Arousa a debate http://arousadebate.blogspot.com/ - abranxe un ambito comarcal.
Galicia socialista http://galicia-socialista.blogspot.com/ É un blog de partido referido a comunidade galega.
ATALAYA DE AROUSA http://vazquezsito.blogspot.com/ Escrito en castelán, trata diversos temas.

miércoles, 8 de enero de 2025

Agasallo do NATAL

UN PRESENTE DE NATAL.









A Santa Claus agasalloume con un magnífico presente.
Un libro.
A Santa Claus sabe que a min me gustan os libros,e cada ano por estas datas sempre me sorprende traéndome novidades impresas en papel.

O certo é que eu non lle correspondo coa mesma xenerosidade. A miña indiferencia cara a súa persoa é patente, pois ós meus oitenta anos non sei se é  home, muller ou outra cousa. Por iso sempre lle estarei agradecido de estes agasallos.

Este ano o presente chegoume das mans de "Genito e Dopico", autores do libro "A ILLA DE AROUSA, salgaduras e conservas"

A ambos os dous quero  agradecerlles o presente e mostrarlles o meu recoñecemento por a súa gran laboura de divulgación e investigación arredor dunha actividade con case dous séculos que transformou a fisionomía urbana, económica e social da Arousa.

Poño por exemplos.
Onde antes había pequenas vivendas de mariñeiros, de labregos ou de mariñeiro-labregos, xurden enormes moles de pedra coas súas altas chamineas fumegantes e as pretenciosas mansións dos fabricantes.

Onde antes cada arousán vivía do seu propio traballo autónomo, en un tipo de consumo maioritariamente autárquico; coas fábricas aparecen novas relacións socio-laborais.
 A maioría pasan a ser operarios das conserveiras ou dos seus barcos uo dos barcos dos armadores que se instalan na illa.

Onde antes había unha harmonía social, coa excepción do crego, todos eran iguais.
Agora aparece unha sociedade de clase ( fabricantes versus traballadores, patróns versus mariñeiros e mariñeiros entre si por as clases de artes de pesca)que traerá consigo un rosario de conflictos sociais que mudaron aquela fisionomía tranquila de ordenamento medieval en unha sociedade xusticieira e bravamente  reivindicativa, Características que ate onte foron carta de identidade e motivo de orgullo do noso pobo.
 Por outra banda mitígase a endogamia. Os casamentos pouco a pouco van pasando de ser entre poboadores autótonos a dar entrada ós "de flora",
Tampouco podemos deixar de reseñar a explosión demográfica.
 En menos de cen anos quintoplicouse a poboación o que supuxo un nivel de autoxestión do territorio sorprendente para asumir tal transformación, que por razóns da súa insularidade e por o abandono das autoridades a Arousa soupo desenvolverse a marxe das normas establecidas.
Xxxxxxx